O Concello de Redondela desenvolveu na xornada de onte os traballos de desinfección exterior nos catro centros de día que funcionan no municipio – Arela, Cesantes. Cortizos e Galeón- ante o inminente inicio da súa actividade co obxecto de “garantir, en todo momento, a seguridade sanitaria dos veciños e veciñas que utilizan estes servizos”.O Goberno local critica que a Xunta non permitira antes a apertura destes centros polos prexuízos que este atraso provocou tanto entre os usuarios como entre as familias.
Os catro centros de día do municipio reinician hoxe a súa actividade logo de estar suspendida dende o inicio do estado de alarma. Co obxecto de “salvagardar a saúde dos nosos veciños” o Goberno local procedeu a realizar a desinfección da contorna destas instalacións para garantir un acceso seguro.
Como responsable da Terceira Idade a alcaldesa, Digna Rivas considera “incomprensible” o atraso na reapertura destes centros cos “prexuízos en deterioro cognitivo e social que iso supuxo para os usuarios e usuarias e os prexuízos que isto supuxo para as súas familias”.