O Boletín Oficial do Estado publicou onte a aprobación inicial do proxecto co trámite de información pública. A actuación do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenta Urbana conta cun orzamento de licitación de 2,92 millóns de euros para unhas obras que consistirán na reposición e mellora dos viais que se viron afectados polas obras de ampliación da autoestrada na parroquia de Chapela. Concretamente as actuacións afectarán á rúa Pasán e acceso a igrexa, ao Camiño de Mouriño e á ampliación da ponte de San Vicente de Trasmañó.
O proxecto consta de tres actuacións diferenciadas. A máis importante será a que afecta ao Camiño de Igrexa e Rúa Pasán coa reposición de servizos que se viron afectados polas obras de ampliación, a construción de redes de abastecemento, pluviais e alumado así como reposición de firme e beirarrúas. Modifícase a rampla de acceso á pasarela peonil que cruza a autoestrada AP-9 a altura do parque infantil próximo á Igrexa de San Fausto.
Tamén se inclúe neste proxecto a modificación da ponte de acceso a Trasmañó que consistirán na mellora do trazado de acceso ao paso e inclusión dunha pasarela metálica peonil permitindo incrementar o ancho dispoñible para o tráfico rodado.
Finalmente se inclúe a reposición do Camiño Mouriño, coa mellora do camiño existente afectado polas obras de ampliación e a intersección coa N-552.
A actuación atópase recollida na adenda ao convenio entre a Administración Xeral do Estado e a concesionaria Audasa aprobada por Real Decreto.