Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mobilización en Cesantes ante o temor de que Abanca peche a única oficina bancaria da parroquia

RR_Noticias

Medio cento de veciños concentrábanse ás dez da mañá de hoxe ante a sucursal da entidade bancaria en Cesantes para esixir a súa apertura, xa que malia estaren as traballadoras dentro as portas da oficina permanecen pechadas dende o Estado de Alarma. Unha situación que obriga aos seus clientes a desprazarse ao centro de Redondela ou a outras oficinas cando precisar realizar calquera xestión. As protestas seguirán repetíndose todos os venres.

Os usuarios desta oficina aseguran non entender o motivo de que sega coas protas pechadas cando o resto dos bancos xa levan tempo ofrecendo os seus servizos con relativa normalidade “entendemos que haxa que pedir cita ou que teñamos que agardar para que nos atendas como está a pasar no resto das oficinas de Redondela, o que non entendemos é que non nos atendan”. Así o explica un dos afectados, Serafín Roza, quen asegura que as tres traballadoras están no interior da oficina pero non lles permiten atender aos clientes “o único servizo que temos é o do caixeiro, para calquera outra cousa temos que desprazarnos ao centro de Redondela”. Unha situación que ocasiona moitos prexuizos para unha poboación envellecida, boa parte dela pensionistas que non se manexan coas novas tecnoloxías para empregar a banca online.
Entenden que a intención de Abanca é pechar a sucursal algo que non están dispostos a aceptar polo que continuarán coas protestas. A máis inmediata será o vindeiro venres día 31 ás 12:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará