Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga FS regresa ao traballo “con ilusión e espíritu positivo”

chapela1

O club de fútbol sala de Chapela ten aberto o prazo de inscricións para todas as categorías, desde os biberóns, ata o xuvenil, tanto para equipos masculinos como femininos. Cumprindo un estrito protocolo adaptado ás normas sanitarias que marca a Covid-19, algunhas categorías xa retomaron os adestramentos no pavillón Manuel González Soto.

Debido á situación sanitaria, a volta aos adestramentos adáptase ás normas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas. O presidente do club, Iván Vázquez, explica que todos os nenos e nenas interesadas en xogar ao fútbol sala poderán participar presentándose nos adestramentos no pavillón municipal de Chapela os martes e venres de 17:00 h. a 19:00 horas. Tamén poden informarse no teléfono 662.111.339 ou no Facebook do club. Nesta temporada tan “atípica” marcada pola crise do coronavirus, Vázquez lanza unha mensaxe de “optimismo e ilusión” para retomar o deporte. Desde o club organizaron reunións semanais coas familias das categorías inferiores, para explicarlles o novo protocolo deportivo e a dinámica dos adestramentos, e con límite de prazas para respectar o aforo e organizar as entradas e saídas. Nalgunhas categorías os equipos xa volveron ao traballo, malia que coa incerteza sobre as datas para comezar a competición ligueira. O presidente explica que están “á espera” do que decida a Federación e o Consello Xeral para o Deporte, tanto para o calendario de liga como sobre as condicións nas que se poderán disputar os partidos. Vázquez apunta que irán “pouco a pouco” e traballando “xuntos” para sacar adiante o deporte.

O club formará as categorías biberón (nados nos anos 2015-2016), prebenxamín (2013-2014), benxamín (2011-2012), alevín (2009-2010), infantil (2007-2008), cadete (2005-2006), xuvenil (2002-2003-2004) e sénior, tanto masculino como feminino.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará