O Centro Cultural de Cabeiro acollerá o vindeiro luns, 28 de setembro, ás 19:30 horas, unha reunión entre a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e veciños e veciñas da parroquia para dar a coñecer os proxectos do Goberno local para a parroquia e escoitar ás demandas e achegas da veciñanza.
A alcaldesa salientou a importancia destas reunións que contribúen a que, “veciñas e veciños poidan participar nas decisións que afectan á súa parroquia”.
Nestas xuntanzas a cidadanía ten a oportunidade de expresar directamente ao Goberno local as súas necesidades, expresar libremente a súa opinión e dicir abertamente as cousas coas que son mellorables.
“Somos a administración máis próxima ás veciñas e veciños e, como tal, estes teñen que poder expresar o que pensan sobre temas que lles afectan directamente”, conclúe a rexedora local.