Un arquitecto técnico, unha técnica en xestión pública e unha técnica superior en Riscos Laborais comezaron onte o seu contrato en prácticas por un período inicial de 6 meses. Os traballadores contratado ao abeiro do programa “O teu primeiro emprego” da Deputación, eran recibidos pola alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de persoal, Alberto Álvarez.
Iria Riobóo Vicente, (técnica de Xestión Pública); Fernanda Vaqueiro Pérez (técnica superior en Prevención de Riscos Laborais) e Alejandro Fernández Comesaña (arquitecto técnico), mantiveron un breve encontro coa alcaldesa e co concelleiro de Persoal, Alberto Álvarez na que ámbolos dous puxéronse a disposición dos novos traballadores municipais e desexáronlle sorte no comezo da súa andaina laboral.
A Deputación concedeu, para estas contratacións, unha subvención de 17.700 € para a contratación destas tres persoas nun primeiro período de prácticas de 6 meses que podería ser prorrogado noutros seis meses máis, condicionado á existencia de crédito no Orzamento Provincial correspondente.
Digna Rivas e Alberto Álvarez, salientaron a importancia desta iniciativa da Deputación que permite a contratación de titulados e tituladas universitarias e dos ciclos superiores de formación profesional “que lles permite adquirir a práctica necesaria, adecuada aos seus estudos, co que se lle facilita a súa inserción no mercado laboral”.
Cómpre salientar que a subvención outorgada pola administración provincial, cubre unha parte do curso laboral xa que o Concello, engade a alcaldesa de Redondela, “correrá co gasto suplementario ata acadar o custo laboral o custo laboral que lle corresponda a cada un deles e delas dentro da súa categoría laboral.