Un traballo integramente en galego, autoeditado e producido por Celso Madriñán, Quico Bea e Anxo Fernández. Neste novo traballo destaca o xénero pop , aínda que nalgún dos temas podemos atopar suaves influencias doutros estilos. Este venres 9 de outubro presenta o disco en directo en Vigo, na Sala Ártika. Será un concerto con banda e aforo limitado, onte tocaran os temas que forman este traballo e repasará outras cancións anteriores.
Este novo traballo de Martín Maez é o primeiro integramente en galego e no que o autor quixo afondar no contido das letras “camiñando cara historias cunha maior implicación social aínda que tamén podemos atopar outras que camiñan entre o amor e o desamor”. As entradas para o concerto do venres en Vigo están dispoñibles a través da web da sala www.artikavigo.com por 10€. A entrada inclúe o CD “Habitat” en formato físico.