Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

No cole ata os 18 anos: mellor motivar que obrigar

ensino

A reforma educativa que promove o goberno contempla, entre outras medidas, a posibilidade de ampliar a educación básica dos 16 aos 18 anos. En Redondela, tanto veciños en xeral como alumnos en particular, entenden que sería máis eficaz “motivar aos rapaces para seguir estudando, e non obrigalos”.

Malia que a “nova normalidade” á que obriga a pandemia do Covid-19 está a protagonizar a vida nas aulas, o proxecto da nova Lei de Educación que promove o goberno segue o seu curso. Unha das propostas que fan grupos políticos como PP ou Compromís e que resplada tamén Unidas Podemos, pasa porque a escolarización sexa obrigatoria ata os 18 anos, e non ata os 16 como acontece agora. A comunidade educativa divídese entre os que defenden estender o ensino obrigatorio ata a maoría de idade, como recomenda o Parlamento Europeo, e os que apostan por “motivar” aos alumnos, en vez de “obligalos”. En Redondela a veciñanza en xeral entenden que é mellor que os rapaces se formen “canto máis tempo mellor”, pero dubidan da eficiacia de medidas que “obriguen” aos adolescentes a seguir estudando “cando eles con 17 ou 18 anos non queren”. Carlos entende que debería haber “diferentes alternativas de formación”.

Os pais entenden que sería necesario establecer diferentes alternativas de formación

Moitos entenden que os alumnos que están no centro “obrigados” poden chegar a prexudicar ao desenvolvemento das aulas e ser “prexudicial” para os demais alumnos. Santiago defende que “canto máis preparados estean será mellor”, pero advirte que eses anos de educación obrigaria deben “aproveitarse ben, motivando aos rapaces”.

Santiago sinala que é positivo que os rapaces se formen “canto máis, mellor”

A “motivación” é a palabra clave para Verónica, quen sinala que nese sentido son os mestres os que teñen na súa man facer as clases “máis amenas” para os rapaces e que acudan ao centro de ensino “con gañas”

O papel dos mestres debe ser motivar aos rapaces para que sigan aprendendo

Ampliar a oferta de Formación Profesional, cunha reforma do sistema para que sexa “máis flexive e con máis recursos” sería o máis axeitado, segundo Carlos. Con todo, hai quen sinala que “cada situación persoal é diferente” polo que Rocío defende que o ensino máis aló dos 16 anos “debe ser unha elección das familias”.

En canto á opinión dos propios rapaces, en xeral comparten que é mellor seguir formándose máis aló dos 16 anos, pero rexeitan “que sexa obrigatorio por lei”. Pablo, que con 17 anos estuda Bacharelato, asegura que hai rapaces que teñen claro que non queren seguir estudando e prefiren comezar a traballar.

Os rapaces sinalan que seguir estudando “por obriga” non será positivo

Os propios alumnos explican que os rapaces que deben asistir ás aulas “obrigados” non aproveitan esta formación, “e mesmo supoñen un problema para o resto de compañeiros”, algo que xa acontece agora na na ESO.

Desde a Confederación de Anpas Galegas entenden que o ensino aos 18 anos debe ser “voluntario, non obrigatorio”. Con todo, explican que os alumnos que deciden continuar a súa formación en Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional “deberían ter os mesmos dereitos que os que cursan un ensino obrigatorio”. En concreto, fan referencia ao trasnporte público gratuito ou outras axudas sociais.

España é o país con máis abandono escolar temperán da UE. O 17% dos mozos non segue estudando máis aló dos 16 anos, a idade a partir da cal ningún imperativo legal os obriga a permanecer na aula.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará