A Concellaría de Medio Ambiente informa dun corte de electricidade para a madrugada do 22 de Outubro nun total de trece rúas do centro da vila. Unha incidencia que segundo información da empresa UFD Distribución de electricidade provocará un corte no subministro eléctrico entre as 2:00 da madrugada e as 5:00 horas.
O corte de luz afectará ás rúas : José Regojo, Paseo da Xunqueira, Travesía Pai Crespo, Alfonso XII, Avenida Ernestina Otero, Casto Sampedro, Rúa da Cooperativa, Isidoro Queimaliños, Meixón Frío, Pai Crespo, Praza Ribadavia, Reveriano Soutullo e Xoán Manuel Pereira.