Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A provincia tínguese de vermello

cornoavirus28

O avance do coronavirus segue imparable e os últimos datos da Consellería así o confirman. Xa están en vermello Salvaterra, Salceda, Tui, O Porriño, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Cangas, Redondela e Soutomaior, ademais doutros concellos na área sanitaria de Pontevedra. Empeora tamén a súa situación o concello de Fornelos, que ata o de agora lograra manterse no nivel máis baixo de contaxios e entra en alerta amárela tras detectarse entre 7 e 14 positivos por PCR na última semana entre os seus veciños. Menor incidencia en Pazos de Borbén que segue en cor verde con menos de sete contaxios confirmados.

Unha situación que levou xa a adoptar diferentes medidas co obxecto de tentar frear a escalada de contaxios, entre elas o toque de queda que no caso de Galicia establece a prohibición de sair da casa entre as 23:00 e as 6:00 horas, tal e como así aprobara o goberno central o domingo.

Un toque de queda que levou ao concello de Redondela a suspender o pleno presencial que ía celebrarse mañá no Multiúsos da Xunqueira e que se realizará telematicamente, polo que as persoas que teñan interese poderán seguilo a través do facebook do concello. Unhas sesión plenarias que adoitan rematar na medianoite polo que a limitación á mobilidade nocturna facía aconsellable modificar a súa celebración presencial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará