Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate, vitoria e derrota para o balonmán local

SARBueu

Na Honra Prata Feminina a SAR Rodavigo deixou escapar a vantaxe sobre o Xixón e asinou un empate. Na Primeira Nacional gañou o Rodosa Chapela ante un rival directo como o Cañiza, e perdeu a SAR Plastic Omnium na súa visita a Bueu.

Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 26-26 Xixón

A SAR Rodavigo deixou escapar unha boa oportunidade para sumar a segunda vitoria da tempada. Finalmente as de “Chini” cederon un empate ante o Xixón (26-26) nun partido que dominaban as locais por tres goles (26-23) a tres minutos do final. A vantaxe das de Redondela foi de máis a menos. Dominarono encontro na primeira parte e chegaron ao descanso cunha renda de seis goles (14-8). Pero as asturianas non se deron por vencidas, e chegaron a poñerse a só un gol de distancia no minuto 52 (22-21). Un novo arreón das locais pareceu selar de novo a vitoria da SAR, que cun gol de Iria Darriba ampliaba a súa vantaxe a tres goles a menos de tres minutos do final (26-23, min.57). Pero nese tempo, o Xixón conseguiu o empate cun tanto de Saray Trabanco e dous, os últimos, de Vanesa Lozano. O empate deixa á SAR no noveno posto da clasificación con 4 puntos, tras empatar os últimos dous encontros. Na próxima xornada visita a pista do HBC 74, no 10º posto, empatadas a puntos.

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 28-20 Saeplast Cañiza

Os de Fran Teixiera xa están no 2º posto da táboa tras gañar na casa ao Saeplast Cañiza con autoridade. Tamén sacou proveito do duelo entre os dous equipos que lideraban até agora a táboa, o Gourmet Ampate Lanzarote e o Calvo Xiria, que caeu do lado galego (26-27). Desta maneira, o Xiria é agora o novo líder do grupo en solitario con 12 puntos, seguido do Chapela e o Lanzarote, con 10. O Rodosa non tivo problemas para adiantar aos da Cañiza, con catro goles de marxe ao chegar ao descanso (13-9). Na segunda parte a renda aumentou grazas á defensa local e aos goles de Álex Sánchez e Jacobo Rodríguez, que marcaron seis e cinco, respectivamente. Na próxima xornada o Chapela viaxa a terras ourensás para medirse ao Carnes Doribeiro, que é 5º.

Bueu Atl. 28- 22 SAR Plastic Omnium

Un partido marcado polo uso das máscaras de protección, por parte dos xogadores. Fo io primeiro partido no que se enfrontaban dúas escuadras que converteron este elemento en parte do seu vestiario durante os partidos. Os de Bueu lévano facendo desde o inicio da campaña e os redondeláns uníronse tamén á iniciativa. Os locais comezaron con forza, na continuación a SAR chegou a poñerse a 3 goles de diferencia (15-12) pero outro estirón local sentenciou para rematar cunha vantaxe de 6 goles. Na próxima xornada a SAR recibe ao Vecindario, na metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará