Retencións de máis de media hora na estrada que comunica Redondela e Vigo logo dun sinistro con tres vehículos implicados que se producía ao redor das 9:30 horas da mañá de hoxe á altura do desvío cara Colexio Vigo. Un sinistro que deixa dous feridos que foron trasladados en ambulancia a un centro médico de Vigo.
Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Policía Local, axentes de tráfico así como do servizo de emerxencias de Redondela, que non tiveron que intervir na evacuacións dos feridos ao non haber ningún atrapado, pero si proceder a limpeza da vía onde quedaron restos de aceite e carburante.
O sinostro tiña lugar cando dous vehículos que circulaban en sentido contrario colidían frontalmente por causas que se descoñecen, impactando un terceiro turismo contra eles. Os feridos foron trasladados en ambulancia.