Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará cun Centro de Emprendemento cun investimento inicial de 670.000 euros

centro de emrpendemento

O delegado do Estado para o Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades anunciou que no vindeiro mes de decembro aprobarase o concurso público para buscar un edifico no casco urbano de Redondela para proceder a súa compra e transformación nun Centro de Emprendemento “do que sairán grandes proxectos que contribuirán á xeración de emprego”.

Unha infraestrutura que debería estar en funcionamento no 2022 unha vez que xa se recollen os primeiros pasos para a súa creación, o investimento de máis de 670.000 euros recollido nos Orzamentos Xerais do Estado.

David Regades asegurou con rotundidade que a puxanza que ten Redondela como cuarta cidade da provincia, “ten que ter o respaldo firme da Zona Franca de Vigo que, xunto coa de Barcelona, é a máis importante de España”.

Segundo o cronograma dado a coñecer polo delegado do Estado para a Zona Franca, no mes de decembro o Comité Executivo do consorcio aprobará o concurso público para buscar un edificio no casco urbano de Redondela e a súa compra, por Zona Franca, para creación centro de empresas, economía e emprendemento.

Unha vez comprado o edificio procederase a súa reforma e “se todo vai segundo o planifica teríamos o edificio en propiedade no primeiro semestre do ano que ven e estariamos en condicións de adxudicar a obra do edificio no segundo semestre”, para as súa transformación neste centro de negocios e aceleradora de empresas.

Tanto o delegado de Zona Franca como a alcaldesa de Redondela, amosaron o seu convencemento de que do Centro de Negocios “será á ferramenta necesaria para a creación de emprego”. Agora máis que nunca, insistiu Regades, “as administracións temos que poñer todos os nosos recursos e mecanismos para apoiar a xeración de emprego, a economía e manter e estabilizar un salario en cada un dos fogares”.

Digna Rivas sinalou a importancia desta iniciativa “que marcará un antes e un despois para o desenvolvemento económico do municipio” e expresou a súa satisfacción por ver cumprida “un dos proxectos que, dende a miña chegada á alcaldía, foi unha prioridade: dar un espazo para que emprendedoras e emprendedores puideran desenvolver os seus proxectos e que fora un elemento de dinamización económica e empresarial”.

Aproveitou a alcaldesa para asegurar que “o tempo vai poñendo a cada quen no seu lugar e cando nos falamos de traballar pola gratuidade de Rande, ou fomentar o emprego e apoiar ás nosas empresas e persoas emprendedores, o facemos como se debe facer, con traballo, sen grandes alardes e conseguindo que sexan compromisos firmes publicados no BOE”

Outros, rematou Rivas “prefiren infografías e visitas institucionais cheas de promesas baleiras e palabras ao aire” e mentres “ignorar descaradamente necesidades urxentes da veciñanza, como o caso da seguridade viaria de Angorén e Cesantes, que logo de décadas de protestas, ven agora solucionadas por este Goberno en pouco máis dun ano”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará