Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Primeiro triunfo do xuvenil do Choco

XuvenilPAvillon

Un único gol de Labrada deulle ao Choco a primeira vitoria da temporada na División de Honra Xuvenil. Os de Alberto Suárez souberon sacar rendemento a unha moi boa primeira parte ante o Pabellón Ourense, outro recentemente ascendido.

División de Honra Xuvenil

Choco 1-0 Pabellón Ourense

Os de Alberto Suárez chegaban coa intención de continuar a suma iniciada en Santiago de Compostela, o pasado mércores. Tras o tenteo inicial no que os dous equipos pugnaban para facerse co control do esférico e do partido, o equipo redondelán fíxose dono do partido. Elaboraron xogadas que lle permitían xogar na área rival, pero sen apenas incomodar ao gardameta ourensán. Por contra, os ourensáns a penas eran capaces de crear ocasións de gol. A medida que o partido crecía en intensidade e tras unha falta a favor do Choco, chegaría o primeiro e único gol de partido obra de Javi Labrada que remataría o esférico ao fondo da rede na xogada de falta. O partido púñase de cara a un equipo que levaba xa 3 semanas buscando unha victoría que non chegaba. A partir deste primeiro tanto o dominio foi completo e insistían na portaría ourensá en busca de ampliar distancias no marcador que lle outorgase a tranquilidade, pero finalmente a falta de acerto impediu ampliar a vantaxe e, finalmente, gañaron pola mínima.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará