As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o Nadal cunha actividade retransmitida en liña a través das súas redes sociais. A proposta é un contacontos inclusivo da compañía ContAz. Co título “Perdido” presentan unha historia baseada no conto de Oliver Jeffers onde a lingua de signos terá grande protagonismo. Será retransmitido en directo a través do Facebook das bibliotecas de Redondela o próximo luns 21 de decembro, ás 18:00 h. A actividade realízase en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso, que deste xeito pretende achegar o Nadal ás bibliotecas dun xeito seguro frente ao Covid-19.