Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O edil de Alternativa Veciñal de Pazos denuncia ameazas dun empresario

LucianoOtero

O voceiro da formación, Luciano Otero, denuncia que o empresario acudiu ata en dúas ocasións ao seu domicilio particular para ameazalo “despois de rexistrar no Concello preguntas ou solicitudes para a consulta do expediente”. Na última destas “visitas” o empresario en cuestión proferiu amezas directas, “máis che vale que retires iso porque estiven no cárcere e non me importa volver”, feitos que o concelleiro xa denunciou formalmente. Trátase do responsable dunha empresa que acumula nunha parcela da parroquia de Cepeda “unha inxente cantidade de residuos ata convertela nun auténtico vertedoiro”, sinala Otero. Sinala que o edil que, máis aló da ameaza persoal, estas intimidacións supoñen “un atentado contra o dereito dos respresentanes políticos dos veciños a facer o seu traballo”.

O que se supñon debería ser unha empresa de reciclaxe é, en realidade “un verdadeiro vertedoiro incontrolado” sinala Otero, quen comparte “o malestar e a indignación veciñal” ao ver que cos anos “a situación empeora”. Na parcela acumúlan grandes cantidades de palés de madeira, plásticos, chatarra e coches abandonados, entre outros residuos. A acumulación ao longo do tempo provoca que os restos “se espallen sen control” sen cumprir coa nortiva medioambiental que regula a xestión destes residuos. Logo das reiteradas denuncias de Alternativa Veciñal e dos propios residentes da zona “o goberno local non fai nada”, lamenta o concelleiro.

Alternativa Veciñal advirte que esta acumulación de residuos, máis aló da contaminación paisaxística e o malestar que poida causar aos veciños, supón tamén “un perigo real”, xa que se acumula material inflamable que pode supoñer un risco para a veciñanza en caso de accidente. Denuncian “conivencia municipal” neste caso.

Alternativa Veciñal anuncia que vai a seguir demandando que se adopten medidas para corrixir esta situación e estudando a situación legal desta empresa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará