O relaxamento das restriccións por mor da Covid-19 permitiu a semana pasada reabrir o Museo Meirande. Trátase dunha opción moi interesante para o tempo de lecer, unha visita dirixida ao público de todas as idades. Na Aula de interpretación da Batalla de Rande nenos e adultos poden acceder á historia e ao entretenemento cunhas condicións de seguridade e hixiene ideais neste momento de pandemia. Soledad Chayán, guía oficial de Turismo, é a encargada de acompañar ao público na visita polo museo, e pon en valor tanto as propias instalacións do Meirande como toda a súa contorna, “un espazo natural privilexiado na enseada de San Simón cun importante patrimonio industrial, ademais do fito histórico da Batalla de Rande de 1702.”.
A visita, que é de balde, está recomendada para todas as idades, pero Chayán recoñece que son os nenos os que máis a disfrutan. Este é un centro “interactivo” no que os máis pequenos poden “ver e tocar” de xeito que son partícipes da batalla naval e o seu contexto histórico.
Dadas as normas sanitarias polos protocolos Covid, o aforo está limitado a 25 prazas, polo que se recoméndase porse en contacto co propio Museo (teléfono 986458891 ou meirande@redondela.gal) para organizar as asistencias e evitar deste xeito aglomeracións ou tempos de espera. Tanto para as visitas como para facer reservas, o horario do Museo Meirande é de martes a venres de 16:00 a 19:00 e os sábados e domingod de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A visita pode completarse cun paseo pola contorna do museo, onde se atopa o cargadoiro de mineral Coto Wagner e os restos do Castelo de Rande, ademais das praias de Rande e Cabanas.