Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar en Redondela por manter o nivel 2 de restricións

dav

Hoxe comeza a desescalada en Galicia, e Redondela faio no nivel 2. Isto permite certo alivio para e sectores como a hostalaría que abriu hoxe as súas terrazas co 50% do aforo, pero debe permanecer pechado o interior dos locais. Unha situación que xera malestar no sector e tamén entre a veciñanza, que ten a mobilidade restrinxida aos municipios co mesmo nivel, malia que Redondela mellorou os datos nos últimos días. Con 64 casos activos a día de hoxe, a incidencia acumulada é de 226 casos por cen mil habitantes (por baixo do limiar de 250 que establece a Xunta de Galicia para entrar no nivel 3). A explicación está no feito de que a Consellería de Sanidade empregou os datos do martes, día 23 de febreiro, para establecer o nivel de cada Concello que onte se publicaba no Diario Oficial de Galicia. Ante estes datos a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, púxose en contacto co conselleiro para aclarar esta situación. Nunha carta remitida ao Concello, Julio García Comesaña explicou que a decisión se dá “por prudencia, porque é máis seguro facer a desescalada dando pasos en firme”. A alcaldesa de Redondela agradece ao conselleiro a súa contestación, pero entende que os veciños de Redondela son prexudicados.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Rivas insiste en que o importante agora é “seguir cumprindo as medidas de prevención” e fai un chamamento “á responsabilidade da veciñanza” para que siga as normas. Advirte que é “o único xeito de que a incidencia siga baixando, non só para poder cambiar de nivel, tamén pola saúde de todos”

Rivas fai un chamamento á veciñanza para que sigan cumprindo as normas

O martes da próxima semana volverá reunirse o Comité Clínico para avaliar os datos. Se Redondela segue por baixo dos 250 casos de incidencia acumulada por cada cen mil habitantes pasaría a nivel 3, previsiblemente o vindeiro venres. Estar nun nivel ou noutro non é só importante para a hostalaría (que no nivel 3 pode abrir o interior dos locais cun 30 % de aforo), senón tamén para a mobilidade dos cidadáns. Desde hoxe pódese ir a outros municipios, pero sempre que sexan concellos do mesmo nivel. No caso de Redondela, coa situación actual, os veciños poden desprazarse a outros municipios da provincia Moaña e Oia. Tamén aos que están no nivel 2 do resto de Galicia, agás as áreas de Pontevedra, A Coruña e Ferrol, onde se mantén o peche perimetral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará