Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mural “Mulleres con ilusión” decora a fachada do Multiúsos da Xunqueira

mural

Seis participantes do obradoiro de Terapia Ocupacional de Redondela foron as encargadas de realizar este mural onde a muller é protragonista xunto ao mar e a natureza. Unha pintura na que se reivindica o papel da muller na sociedade e a súa loita contra as desigualdades, que foi inaugurado este martes dentro das I “Xornadas de Muller e Igualdade”. Unha iniciativa online, promovida pola concellería de Igualdade, que celebra este ano a súa primeira edición co fin de converterse nun foro aberto de debate sobre aqueles temas que permitan poñer en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas

O colofón a esta xornada foi a inauguración do mural que xa decora a fachada do multiúsos da Xunqueira que realizaron as seis mulleres do obradoiro de Terapia Ocupacional promovido pola Asociación AMA, baixo a supervisión de María Romero Morillo, e no que estiveron traballando durante tres días. Un exemplo de “forza, ilusión e ganas de vivir” segundo destacaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quen agradecía o traballo destas mulleres sen coñecementos no ámbito da pintura e que son un modelo de superación.

“Exemplo de forza e ilusión”

Un acto no que a reivindicación dos dereitos das mulleres e do seu papel na sociedade tamén estivo presente a través da xornalista e escritora redondelá Carolina Sertal quen recitou algúns poemas propios e de Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, facendo fincapé na maternidade e centrándose naqueles textos que Arias dedicara ao seu fillo Darío.

Poetisa Carolina Sertal

Así concluían a primeira edición das xornadas “Gemma Pereira Otero” na que participaron a doutora en Igualdade Marina Iglesias Bernardez, María Rivas Couceiro e María Romero Morillo que presentaron este martes o movemento ‘Arte de Vivir’. Unha xornada na que especialistas debateron sobre a maternidade nas mesas redondas “Desde o parto e crianza; Construír Igualdade, redes e novas realidades’ e ‘O saber maternal como legado e transmisión cultural’.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará