Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco recupera a senda da vitoria cunha goleada ao UD Ourense

Choco2

Con dous goles de Fran Monroy, un de Martín e outro de Alberto Suárez o Choco colleitou unha merecida vitoria. Peor foron as cousas na categoría Xuvenil de División de Honra, o Choco non puido co líder e o Deportivo levou os puntos de Santa Mariña.

Terceira División

Choco 4-0 UD Ourense

Despois de dúas derrotas consecutivas o Choco regresou á senda do triunfo. Case sen tempo para acomodarse nas bancadas e na primeira xogada a balón parado, Alberto Suárez abriría a saca a favor dos seus cun tiro de falta que clavou sen compasión nas redes ourensás. Aumentaría a ventaxa Fran Monroy que non desaproveitaría un centro de Iano, marcando así o segundo tanto para os choqueiros. Despois Martin, tras un roubo no medio campo de Monroy, anota o 3-0 antes de chegar aínda ao ecuador do primeiro tempo. No segundo tempo chegaría o cuarto da tarde para os redondeláns de novo coa firma de Monroy. Pero non todo ía ser alegría pois Mario vería cartón vermello e sería mandado ás duchas antes de tempo. Corría o minuto 64 e moito partido por diante para xogar cun home menos. Aínda con esta circunstancia en contra o CD Choco defendeu o resultado até o final do partido sumando así 3 importantes puntos que os achegan un pouco máis a permanencia.

División de Honra Xuvenil

CD Choco 2-3 Deportivo

O CD Choco plantou cara ao recente lider da clasficación. A primeira parte, malia o traballo de ambos os equipos atacando a área rival, rematou a ceros. Na segunda parte o Dépor marcaría o primeiro da tarde tras un roubo de balón no medio campo. No minuto 65 o Choco marcaría o empate, tras un tiro desde a pena máxima, que até en tres ocasiones Miguel Román tivo que rematar para encaixala dentro. Durou pouco a ledicia porque no 67 o Dépor adiantaríase de novo no marcador co segundo tanto. Os de Alberto Suárez seguían loitando por sumar nun partido de vital importancia. Pero no 85 complicábaselle o asunto tras o terceiro tanto deportivista. Unha distancia que terminou por reducirse co gol de Óscar Villar. Con 2-3 no marcador e sen tempo non houbo posibilidades de sumar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará