Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As brigadas encargadas das rozas amplíanse coa contratación de 11 persoas

rozas

O Concello de Redondela, a través da liña 3 do Plan Concellos, contratará un total de 11 persoas coa especialidade de peón forestal, para formar parte das brigadas encargadas das labores de roza nos camiños e estradas de titularidade municipal. Será esta a primeira vez que o Concello realice estas contratacións a través da oficina de emprego, en lugar de encargarlle os traballos a unha empresa. Isto permitirá, explica a alcaldesa Digna Rivas, “que esta labor sexa desenvolvida por persoas desempregadas do municipio e dentro da filosofía deste Goberno de contribuír, dentro das súas competencias, á xeración de postos de traballo”. A alcaldesa de Redondela aclarou que, a maiores desta contratación, o Concello mantén o denominado retén de mantemento. Neste caso é a través dunha empresa, o que permite unha vez rematadas as labores de roza “actuar o resto do ano onde é necesario desenvolvendo un traballo de mantemento”.

Nesa liña de dinamización do emprego, dentro das competencias da administración local, a alcaldesa lembrou a importancia do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra “que permite xerar emprego entre a veciñanza”. No caso de Redondela tamén supuxo a contratación dun técnico de medio ambiente, un carpinteiro, 3 técnicos de turismo, unha traballadora social e un electricista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará