O detido é tamén un veciño desa parroquia redondelá que podería pertencer ao ámbito da vítima. O suceso aconteceu a finais de xaneiro. No interior dunha vivenda, nas Baixada a San Telmo, aparecía o corpo dun home, Roberto C.P., de 51 anos de idade. Estaba atado de mans e pés e tiña a cabeza cuberta. O que puido transcender desta investigación foi a detención desta persoa. O caso lévao o xulgado de Instrución número 2 de Redondela, que decretou o segredo do sumario. A Policía realizou este primeiro arresto despois de máis dun mes de investigación. Os axentes da Comisaría de Vigo consideraron a morte como violenta e o xulgado de Redondela decretou o segredo das actuacións. Até o momento descoñécese a identidade deste primeiro detido. Estase á espera de que pase a disposición xudicial.