Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP urxe ao goberno local os medios para establecer unha base dos GES en Redondela

emerxencias

O grupo municipal do PP levará ao vindeiro Pleno da Corporación unha moción para que o goberno local complete os trámites para a creación dunha base do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) en Redondela “de xeito urxente”, ao entender que se trata dunha medida “imprescindible”. A voceira popular, Carmen Amoedo, lembra que o pasado mes de novembro a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, comunicou á alcaldesa, Digna Rivas, a proposta de crear un novo GES que contaría cunha base en Redondela. O PP instou daquela ao goberno local a poñer os medios precisos “para asegurarse de que este novo grupo estea operativo en Redondela e comprometer a súa cooperación para que sexa canto antes”. Amoedo sinala que en 2012 os votos dos grupos que daquela eran oposición (PsdeG-PSOE, AER e BNG) impediron ao executivo do PP asinar un convenio para que Redondela tivese o seu propio GES. Amoedo advirte que “non se pode renunciar novamente a esta oportunidade que melloraría substancialmente a atención ás emerxencias da veciñanza, e que sería unha irresponsabilidade por parte do bipartito que dirixe Rivas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará