Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pelexa sen premio para o balonmán local

SARmarzo

Chapela e SAR perderon os seus partidos de Primeira Nacional ante C. Doribeiro e Vecindario, respectivamente

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 28-29 Carnes Doribeiro

Os de Fran Teixeira pelexaron ata empatar logo de ir por detrás todo o encontro cun marcador moi axustado. A igualdade chegou a falta de dous minutos (27-27) e o choco decidiuse desde o sete metros. Os visitantes aproveitaron a ocasións e logo Táboas detivo o lanzamento de Jacobo. O Chapela, 3º, visita na próxima semana a pista do Seis do Nadal (6º)

Vecindario 27-21 SAR

No partido disputado en Canarias dominaron os redondeláns a primeira meade, e na segunda os locais. As exclusións da SAR beneficiaron aos canarios que souberon aproveitar a vantaxe xa que durante uns minutos o conxunto de Pablo Muíños quedou con 4 xogadores de campo. Na próxima xornada reciben en Redondela a La Laguna

División de Honra Prata Feminino

A SAR Rodavigo tivo xornada de descanso. Unha oportunidade que aproveitaron para cargar as pilas e preparar o seu próximo enfrontamento. Viaxarán a Castela e León para medirse ao equipo valisoletano Hand Vall Valladolid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará