Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En Pazos celebran a Cacheira “desde a casa”

festa-da-cacheira-pazos-de-borben_img3331n2t0

O municipio de Pazos de Borbén debería debería acoller este ano XX edición da festa da Cacheira, e así vai ser, pero con matices. Debido á situación sanitaria pola crise da Covid-19 o Concello vai celebrar unha edición “virtual” deste evento gastronómico. As redes sociais serán as protagonistas, xunto con este típico prato a base de porco. A tenente de alcalde, Eloísa Nogueira, explica que non querían pasar por alto esta festa tan tradicional “onde se celebra a unión do pobo, a familiaridade e se enxalza o noso” aínda que deban facelo dun xeito diferente.

Eloísa Nogueira, tenente de alcalde de Pazos de Borbén

A vindeira fin de semana, o sábado 27 e domingo 28 retransmitiranse polas redes sociais do Concello diferentes actos. Os sábado será coa preparación da cacheira “desde a casa”, e o domingo os veciños poderán seguir a gala especial “XX Edición da Cacheira” a partir das 11.30 horas.

A edición da Cacheira deste farase de xeito virtual a través das redes sociais do Concello

Non faltará a degustación da cacheira, prato típico da gastronomía galega por excelencia, pero farase dun xeito máis limitado e local. Xa está pechada a reserva de pratos nos locais de hostalaría participantes, tan só para os veciños do municipio “con moito éxito”. Nogueira confía en que a situación sanitaria mellore, e que o próximo ano poida celebrarse a festa “coma sempre, con moita presenza de público”. A tenente de alcalde agradece aos veciños a súa actitude “responsable e sempre respectuosa coas normas sanitarias para deter a pandemia” e pídelles que sigan nesta mesma liña “para poñer freo a esta crise”.

A degustación da cacheira será este ano máis limitada e local

O pregón correrá a cargo de Álvaro Martínez Leiro, veciño de Moscoso, artesán e investigador en diferentes eidos da cultura como a etnografía, a cestería ou a fotografía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará