A exposición forma parte das actividades organizadas pola Asemblea Feminista Paxaretas dentro da súa programación “Marzo Muller”, iniciativa para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Nela pode verse unha mostra da realidade de máis de medio cento de mulleres redondelás que compartiron as súas impresións e testemuñas deste último ano marcado pola crise sanitaria da Covid-19. “Mulleres en Pandemia” achéganos á realidade de ducias de mulleres para dar a coñecer como se viviu e como se vive esta crise no seu eido laboral (sanidade, ensino, coidados, comercio, mar, etc.) A exposición Mulleres pode visitarse ata mediados de abril no Paseo da Xunqueira de Redondela.