Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior amplía as pistas de tenis e petanca da Montesiña

PistasSoutomaior)

A nova pista de tenis ten como obxectivo cubrir as necesidades federativas do equipo local, que necesita dispor dunha segunda cancha para poder participar na liga nacional. Ademais, xunto a esta pista, o Concello instalou un novo campo de petanca para satisfacer a gran demanda deste deporte no municipio e que até agora só gozaban dunha pista oficial no paseo marítimo de Arcade. Por outra banda tamén se realizaron no barrio traballos de mellora na rede de sumidoiros coa instalación de case 700 metros de novas canalizacións e un pozo de bombeo de gran potencia. A instalación deste último tramo de rede de sumidoiros estaba destinada a dar servizo ao complexo deportivo da Montesiña e ao campo de fútbol Graciano Padín.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou as obras financiadas polo Plan Concellos da Deputación acompañado polos deputados provinciais Héctor Santos e Ana Laura Iglesias. Reguera explicou que se trata dunhas actuacións “que veñen satisfacer as diferentes necesidades da comunidade deportiva do municipio, xa que permiten competir en ligas federadas ao equipo local de tenis e ampliar as instalacións para un deporte tradicional como a petanca”, e ao mesmo tempo “finalizamos os servizos municipais nos centros deportivos”. As dúas actuacións contaban cun orzamento total de 122.000 euros, 90.000 da instalación do último tramo da rede de saneamento e 32.500 para os traballos de instalación das pistas deportivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará