Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estuda a creación dun espazo sociocultural en Soutoxuste

Digna Rivas. Soutoxuste 04

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada dos concelleiros Vicente Lamas e Alberto Álvarez, visitou esta pasada semana o barrio de Soutoxuste, na parroquia do Viso, para atender as demandas veciñais “e darlles solución a maior brevidade posible”. Entre as actuacións executadas están o bacheado dos camiños de cara a mellorar a súa seguridade, tanto peonil como rodada. Asi mesmo a concellería de Vías e Obras procedeu a realizar traballos de roza e limpeza dos viarios da zona. Doutra banda, Digna Rivas, atendeu as demandas veciñais en canto á creación dun espazo no que desenvolver cursos e actividades socioculturais, “unha petición que será estudada detidamente polo goberno local”. Nestas vindeiras datas a alcaldesa redondelá continuará realizando visitas ás parroquias e mantendo encontros puntuais coa veciñanza “á espera que a evolución da pandemia da Covid-19 permita realizar encontros co conxunto da veciñanza algo que agora, por mor das medidas de seguridade sanitaria, non é posible”. A intención do goberno local é retomar as reunións coa veciñanza “nuns encontros que son moi produtivos tanto para coñecer e atender as súas demandas, como para explicar os proxectos que temos ten pensado desenvolver en cada unha das parroquias”, conclúe a rexedora local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará