Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fernández-Tapias demanda “axilizar” as compensacións polas obras da AP-9

TapiasReunionAfectadosAP92

A delegada territorial da Xunta solicita do goberno central “avances” na supresión da peaxe no tramo Redondela- Vigo e nas obras comprometidas de reposición de servizos e mitigación do impacto do ruído. Marta Fernández-Tapias mantivo onte unha reunión con representantes do colectivo de afectados da AP-9, a ANPA do IES de Chapela e da Asociación de Veciños de Trasmañó, e lamentou “a falla de compromiso do goberno de Pedro Sánchez”. Tapias recordou que foi o Goberno de Rajoy o que asumiu este compromiso “do que unicamente se executou o traslado do CEIP A Igrexa”. En canto ao resto de actuacións, as pantallas acústicas e as intervencións nos viarios “acumulan xa un atraso excesivo, causando gran malestar entre o veciños de Redondela”, sinala a delegada territorial da Xunta. Segundo informou, a execución destas medidas foi recollida por Real Decreto e incluída nos cálculos das subidas extraordinarias das peaxes, que xa se están a aplicar “pese a que as intervencións non foron na súa maioría executadas”. Tapias lembrou que os orzamentos do Estado recollen para este 2021 unha partida de 1,53 millóns de euros para a implantación da gratuidade da peaxe entre Redondela e Vigo “e que debería ser de aplicación inmediata”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará