A Concellaría de Cultura de Redondela en colaboración coa Deputación e o Museo de Pontevedra achega ó noso municipio o programa didáctico O Museo en Camiño. Chega así á nosa vila un programa itinerante cunha escolma do patrimonio do Museo de Pontevedra para nenas e nenos, de 6 a 12 anos, en colaboración co programa “O teu Xacobeo”. O vindeiro 16 de Abril de 17:00 a 19:00 horas, no Multiúsos da Xunqueira, realizarase unha actividade na que as nenas e nenos poderán coñecer, acceder e traballar con unha selección de pezas representativas da colección do Museo. En torno a elas desenvolverase de balde un obradoiro de expresión plástica, unidade didáctica creada expresamente para achegar as marabillas culturais do Camiño de Santiago ó seu paso por Galicia e Redondela. Ademais de coñecer unha representación da colección permanente deste Museo, a cativada terá a oportunidade de comprender a vinculación da súa poboación coa milenaria ruta Xacobea e apreciar o valor do patrimonio artístico próximo. Para poder cumprir cos protocolos Covid é preciso reservar praza previamente no correo contacto@tallerabierto.info.