Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco segue rumbo ao “play off”

chocoVi

CD Choco 4-3 Vilalbés

Nun encontro con moitos goles os de “Gonza” superaron ao Vilalbés e suman unha vitoria que o s no 3º posto da táboa, empatado a puntos co 2º clasificado, posto que dá acceso á fase de ascenso. Iano, Caloi, Martín e Monroy foron os autores dos 4 goles redondelás en Santa Mariña.

O CD Choco xa demostrou desde os primeiros minutos do partido que entraba moi enchufado. De feito tan só tiveron que pasar 4 minutos para que abrir o marcador cun centro dende a banda esquerda de Caloi tras un saque de falta que Iano non desaproveita para rematar en planta ao segundo pau. Co resultado de 1-0 o CD Choco dominaba o encontro, con ocasións claras e unha boa actuación de Kevin que, evitou o primeiro gol visitante no 27, cunha boa intervención. O segiundo intento do Vilalbés, no 30, supuxo o empate tras un tiro de falta de Daniel. Davo, Caloi e Monroy terían oportunidad de ampliala distancia no marcador máis o empate a 1 sería o resultado co que se chegaría ao descanso.

Tralo paso por vesitiarios, de novo un gol tempraneiro adiantou ao Choco, tras un rexeite ao borde do área que Caloi clava na escuadra. Logo chegou o 3-1, gol de Martin tras un pase en profundidad de Monroy. O Vilalbés seguiu insistindo ata que no minuto 80 obterían recompensa cun tanto de Bruno. Co 3-2 e uns 10 minutos por diante, aínda quedaba moito partido. E no 86 Monroy subiría o cuarto para os seus. Semellaba sentenciado o encontro co 4-2, pero a falta dun minuto para finalizar o encontro o Villalbés marcaría o terceiro. Co 4-3 no marcador e case cinco minutos de prolongación, vivíronse momentos de moita tensión en Santa Mariña, pero o empate non chegou e os de “Gonza” sumaron os tres puntos.

O Xuvenil División de Honra suma un punto en Xixón

CD Arenal 2-2 Choco

Javi Labrada, que entraría no minuto 45 do encontro, e Miguel Román no 68 serían os autores dos goles choqueiros que suporían un punto para o equipo redondelán. Chegaba a escuadra vermella a Xixón coa ilusión de seguir loitando pola permanencia. Anxo e Manu terían as ocasións máis claras da primeira parte, con todo un saque de banda sería aproveitado polo Arenal para romper a saca ao seu favor na única aproximación á portaría de Jorge, cun gol de Erasmo.

Tras o paso por vestiarios saltaron ao campo os xogadores choqueiros xa con Javi Labrada no 11 que sería cambiado por Iago Portas neste descanso por lesión do xogador. E foi chegar e bicar ao Santo pois o propio Labrada sería o encargado de subir o empate no marcador. Pero de novo unha xogada a balón parado permitiría aos asturianos adiantarse no marcador, cun tanto de Cristian que puña o 2-1. No 68 Miguel Román marcou e subiu o empate ao marcador. Co 2-2 o ritmo do partido e a intensidade subiron. Fallaron Anxo e Ju boas ocasións para sentenciar o partido, aínda que tamén lle ocorreu ao CD Arenal que no último minuto ben puido sumar os tres puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará