A cara para a SAR Plastic Omnium, que se impuxo nun final de infarto ao OAR Coruña, e a cruz para o Rodosa Chapela que pagou caras as baixas e perdeu ante o Ingenio.
Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium 35-33 OAR Coruña
A SAR comezou desde o principio a marcar diferencias, e ao descanso os de Pablo Muíños estaban por diante cun marcador de 14-11. Na continuación chegaron a ter unha renda de 6 goles, pero a falta de cinco minutos os coruñeses recortaron distancias. Emocionante final que se saldou a favor da SAR, que con esta vitoria encara o obxectivo da permanencia. A próxima semana visitarán a pista do Gatañal para medirse ao Balonmán Luceros.
Rodosa Chapela 25-33 Ingenio
Os de Chapela deixaron escapar unha importante oportunidade para meterse nos postos da fase de ascenso. Os de Teixeira acusaron as baixas que arrastran desde hai varias xornadas, mentres o Ingenio fixo un partido completo. Na próxima fin de semana xogan na pista do Bueu Atlético.
Honra Prata Feminina
Porriño- SAR Rodavigo, suspendido
O encontro suspendeuse por positivos de Covid, e xa non se disputará, tal como dispón a Federación para os partidos que non poidan xogarse nas dúas últimas xornadas. O sábado, día 24, o pavillón de Redondela acollerá o último encontro da temporada que medirá á Sar Rodavigo co Palencia Turismo. As de Redondela xa teñen garantida matematicamente a permanencia, mentres que as de Palencia, pechacancelas da táboa, están xa descendidas.