Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia irregularidades na medición que permitiu abrir a casa de apostas

CasaApostas

A veciñanza mobilizouse contra a apertura da casa de apostas antes da súa apertura

A deputada nacionalista Alexandra Fernández presentou diversas iniciativas no Parlamento Galego sobre a situación da casa de apostas de Redondela, na rúa Ernestina Otero. Fernández centra as súas denuncias na acta de medición da distancia entre o local de apostas e o acceso ao Conservatorio de Música Víctor Ureña. “Non atopamos en todo o expediente ningún documento asinado por técnicos que acredite que se realizou in situ”, sinala. Segundo o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, a distancia mínima entre unha sala de xogo e o acceso aos centros educativos debe ser superior aos 150 metros. Ese foi un dos principais argumentos dos colectivos que se mobilizaron contra a apertura desta casa de apostas, moi próxima á zona da Marisma onde se sitúan varios institutos, colexios, o conservatorio municipal e instalacións deportivas. Fernández advirte que este foi “un dos puntos máis escuros na concesión da autorización por parte da Xunta e da licenza municipal”. A deputada do BNG afirma que no proxecto “sempre se fixo alusión a que se cumpría”, pero cando o BNG solicitou a acta “dende a Xunta argumentaron que a medición debe ter en conta os pasos de peóns”. Trátase dunha “reinterpretación”, segundo explica Alexandra Fernández “xa en ningún momento se fai referencia no Regulamento”. Desde o BNG sinalan que existe “unha enorme preocupación das familias” ante problemas derivados de adiccións como a ludopatía. A deputada nacionalista mantivo un encontro con membros da Plataforma en contra da Casa de Apostas, do que forman parte máis de 50 colectivos, e advertiu do carácter “fraudulento” desta acta “que nunca nos entregaron” denuncia Fernández.

A apertura hai un ano do local de apostas en Redondela veu precedida dunha importante mobilización social. Os colectivos realizaron numerosos actos de protesta en contra da concesión de licencia e presentáronse máis de 2.000 alegacións no Concello. O BNG anuncia que seguirán insistindo no caso, porque as autorizacións para a apertura do local baséanse nunha “presunta medición irregular” remata Fernández.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará