Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios pide diálogo co Concello para modificar os días de feira

dav

O colectivo empresarial de Redondela demanda unha maior “interlocución” co Concello para acordar cambios en actividades comerciais como os días de feira. O goberno local decidiu trasladalas aos domingos, en lugar dos días 6 e 21 como é tradicional. A Asociación de Empresarios denuncia que estes cambios, co peche do tráfico, está a causar “malestar” nos colectivos afectados, como os vendedores da praza de abastos. Advirte que a celebración da feira en domingo “deixa sen opcións á clientela que acode a este mercado ao aire libre de mercar produtos frescos na praza de abastos” por estar pechada os domingos. A Asociación de Empresarios denuncia que estes “erros” na toma de decisións sen consultar aos sectores afectados “teñen ocasionado graves prexuízos económicos a comerciantes, hostaleiros e activades de servizos ademais dos propios praceiros”.

O Concello adoptou esta decisión para poder pechar ao tráfico a avenida Mendiño e dispoñer de máis espazo con distancia de seguridade entre os postos ambulantes. O corte da circulación non días lectivos non é posible xa que este vial é empregado para o transporte escolar dos centros da contorna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará