O alpendre dunha vivenda na parroquia de Reboreda acabou calcinado na mañá de onte. Varios particulares alertaron ao 112 sobre as 7.30 do incendio. O suceso produciuse nunha vivenda da estrada de Ventosela, en Asnelle de Abaixo (Reboreda). Afortunadamente tan só só hai que lamentar danos materiais a causa do lume, orixinado posiblemente nunha antiga motocicleta aparcada no interior do alpendre xunto a outros obxectos. Ao lugar acudiron Bombeiros do Baixo Miño, axentes da Policía Local de Redondela e tamén da Policía Nacional, así como membros de Protección Civil.