Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno de Chapela no Campionato Galego de Traiñeiriñas

Remorianxo7

Os barcos de Arealonga gañaron en Rianxo nas dúas categorías que competían: absoluta feminina e a xuvenil masculina. Cabo de Cruz fíxose co título na categoría absoluta masculina.

O Club de Remo Chapela foi o gran triunfador do Campionato Galego de Traiñeiriñas disputado onte en augas de Rianxo. As embarcacións redondelás impuxéronse na categoría absoluta feminina e na xuvenil masculina, mentres Cabo da Cruz levou o título na categoría absoluta masculina. O presidente do club, Julio Prado amósase moi satisfeito con este final de temporada, logo que a pasada campaña tivese que suspenderse a competición desta modalidade pola pandemia da Covid.

Julio Prado, presidente do C.R. Chapela

A primeira final disputada onte foi a feminina. Chapela impúxose desde o comezo, coa traiñeiriña de Cabo en segunda posición. Pouco a pouco as de Redondela foron ampliando a vantaxe, e finalmente impuxéronse na meta a unha distancia de sete segundos. Tampouco perigou o segundo posto para Cabo, que deixou a distancia ao barco de Robaleira, terceiro, con dez segundos de marxe.

En categoría xuvenil triunfo tamén folgado para Chapela, con seis segundos de vantaxe sobre Cabo, malia que os barbanceses non llo puxeron doado ao longo da regata. A terceira praza do podio ocupouna Bueu, mentres que Narón acabou en cuarta posición e Samertolameu na quinta.

Na proba absoluta masculina Cabo da Cruz foi o único equipo que baixou dos 14 minutos. O podio completárono Ares, en segunda posición, e Samertolameu que foi terceiro.

Campionato de España de Traiñeiriñas en Castro Urdiales

O club de Chapela prepara xa a viaxe a Cantabria, onde competirán na proba estatal esta fin de semana. Unha comitiva dunhas 35 persoas, entre remeiros, corpo técnico e directiva desprazarase o venres a Castro Urdiales. Prado sinala que defenderán “o remo galego” e tentarán estar nas finais na loita polas medallas.

Os barcos de Chapela pelexarán polas medallas no Campionato de España que se disputa en Cantabria
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará