Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresa a Travesía a nado Batalla de Rande

SALIDA CIES BATALLARANDE2019

Saída desde Cíes dun dos grupos participantes na Batalla de Rande 2019

A ría de Vigo acolle mañá a IX edición desta proba, todo un reto para os 78 deportistas que farán a nado os 27 quilómetros de percorrido entre as illas Cíes e a illa de San Simón. A pandemia obrigou a suspender a cita do ano pasado, e nesta edición a participación tamén está restrinxidas polas medidas Covid, con só 5 nadadores estranxeiros: o australiano afincado en España Alexander Cormack, o francés afincado en Alemaña Stephane Guisard, a inglesa Emma Vockins e os italianos Pietro Balsamo e Sabrina Perón. A principal novidade deste 2021 é a creación do grupo “Batalla”, categoría reservada para os máis intrépidos con 8 participantes que afrontarán o mesmo percorrido que o resto de nadadores, pero sen ter que parar nos puntos de avituallamento ou control. Segundo a organización tentarán bater a marca da proba que leva vixente desde a primeira edición e que está en poder de David Blanco Darriba. O nadador de Redondela fixo un crono de 5:41:01.

Do total de 78 participantes, 8 son mulleres, 3 sen neopreno con Tita Llorens á cabeza. Dos 70 homes participantes afrontarán o reto sen traxe que os lles protexa do frío un total de 14 nadadores. A saída farase por grupos, entre as 09.00 e as 11.00 horas desde a praia de Rodas, en Cíes.

A lonxitude do percorrido, as correntes existentes na ría e a temperatura da auga, fan da Batalla de Rande unha travesía moi esixente e un auténtico reto para os nadadores de augas abertas. Unhas dificultades que se compensan coa beleza da contorna da ría de Vigo, desde as Cíes ata a enseada de San Simón, pasando pola costa do Morrazo

A outra Batalla contra o lixo mariño

Unha das novidades desta edición é a iniciativa que se pon en marcha para converter a Batalla de Rande “nun altofalante e instrumento sensibilizador da loita contra o lixo mariño”. Esta tarde os nadadores participarán nunha sesión informativa na que haberá un espazo “dedicado a sensibilizar a todos os deportistas da alarmante situación dos nosos mares e océanos”. Por iso a organización animará aos participantes para que o longo da travesía fagan unha recollida de lixo mariño “testemuñal”, que irán depositando nos barcos de avituallamento. Aitor de Luís, director da Batalla de Rande, explica que deste xeito pretenden “dar visibilidade a un problema cada vez máis evidente, porque temos un paraíso que son as rías galegas e cando vas nadando cada vez atopas máis lixo no mar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará