Axentes da Policía Local de Redondela procederon nas madrugada do martes a invetigar a dous condutores por un presunto delito contra a seguridade vial logo de dar positivos nas correspondentes probas de alcoholemia.
O primeiro dos condutores foi interceptado logo de recibir nas dependencias municipais a chamada dunha familia que tivo que apartarse para evitar colidir co vehículo, Unha vez detido comprobouse que ademais de conducir cunha elevada taxa de alcohol tiña retirado o permiso de conducir ata o 2022 e o vehículo carecía do correspondente ITV.
A segunda das persoas detidas foi resultado dun dispositivo conxunto coa policía nacional en Rande. Neste caso ademais de positivo en alcohol deu tamén un resultado positivo na proba de Drogas.