Dúas formacións do Conservatorio de Musica Victor Ureña de Redondela amenizan estas noites estivais con concertos ao aire libre que se van desenvolver os días 19 e 20 de agosto.
Hoxe xoves a música correrá a cargo da veterana Orquestra de Saxos de Redondela quen se subirá ao escenario ás nove da noite cun repertorio moi variado incluíndo os seus temas clásicos, swing jazz e outras novidades.
O venres 20 a quenda será para a Xingro’s & Chouse Big Band, agrupación que naceu da necesidade de achegar a música moderna ao público baixo a dirección de José Pérez Arias. Ofrece un repertorio moi pouco habitual en Galicia cun amplo abanico de jazz e música swing en directo, o que converte as súas actuacións nunha experiencia chea de diversión e ritmo. A actuación será ás 21:00 horas.
A asistencia é gratuíta malia que o aforo está limitado.