Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman melloras nos protocolos para evitar gromos como o do CAPD de Chapela que afecta a 55 persoas

CAPD de Chapela

A deputada do BNG, Alexandra Fernández, traslada ao Parlamento o gromo no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela, onde os contaxios chegan aos 55 entre persoas usuarias e persoal vinculado ao centro.

A deputada nacionalista solicita que os responsables da Consellaría dean as pertinentes explicacións deste gromo así como das súas consecuencias futuras. Salienta que “malia que en todo momento se puxeron en marcha os diversos protocolos, non foron suficientes para evitar este contaxio” nun centro que xa fora un dos primeiros e máis castigados durante a primeira vaga de contaxios, o que supuxo mesmo o falecementos de dous dos seus usuarios.

Comparte a deputada nacionalista a proposta sindical de que “os protocolos deben axustarse ás características de cada un dos centros, cuestión que imos demandar por parte dos responsábeis da Consellaría de Política Social”. Entre as preguntas recóllese igualmente cales son as previsións de actuación diante de futuros gromos.

O novo gromo que afecta ao Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela creou grande preocupación tanto entre os propios familiares como no cadro de traballadores e traballadoras. Como era de esperar, o número de contaxiados foi en aumento conforme avanzaron os días e se fixeron novas probas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará