Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG ve insuficientes as axudas para material escolar infantil

jessica

Critican que o goberno local non teña incrementando as partidas nin flexibilizado os criterios á hora de acceder a estas axudas malia a crise económica que están a padecer moitas familias. Lembran que as bases que regulan a concesión destas subvencións levaron a que no curso pasado un 40% da axuda quedara sen adxudicar.

Os nacionalistas temen que a recente convocatoria de axudas para adquisición de material escolar do alumnado de Educación Infantil para o curso 21/22 non acaden o obxectivo de facilitar o acceso ao ensino público en igualdade de condicións. A edil Jessica García lembra neste sentido que na convocatoria do curso anterior “un corenta por cento da partida de 8.500€ quedou sen adxudicar, xa que ata trinta e seis familias foron excluídas”. Achaca este resultado a uns criterios herdados do anterior goberno do Partido Popular.

Critica duramente que se manteñan tanto os criterios de concesión como as partidas económicas do PP. Entende que a partida debería ter aumentado significativamente tendo en conta que moitas familias viron reducidos os seus ingresos durante o anos 2020. Igualmente considera que as franxas de ingresos familiares para cumprir os requisitos, terían que terse modificado, para que poidan ter acceso a estas axudas.

Considera a edil do BNG que se debería ter en conta o momento da convocatoria “non se lle facilita ás familias a tramitación, abrindo o período de solicitudes nos meses de xullo e agosto, cando debería terse convocado antes da finalización do curso pasado”.

Jéssica García propón que “no caso de que non se esgote a partida, ou haxa unha alta porcentaxe de familias excluídas, se inicie un novo proceso para que as axudas de adquisición de material escolar na etapa de Educación Infantil, poidan chegar a un maior número de familias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará