Festa rachada esta fin de semana cun aluvión de concertos para todos os gustos. O grupo América o venres. Cita o sábado con Broken Peach e Mitic en Redondela e Los Zabulones Eléstricos e Chaleco Reflectante en Chapela e, para pechar, actuación da Rondalla de Redondela e a banda de Música na que será unha sentida homenaxe ao seu director, Jesús Martínez o domingo no Campo da Feira.
Con practicamente todas as entradas esgotadas (poden retirarse no Multiúsos da Xunqueira), Redondela prepárase para vivir unha fin de semana chea de música con propostas do máis variado.
A primeira das citas hoxe mesmo en Chapela co grupo América que actuará ás 22:00 horas no paseo de Cardona interpretando clásicos do rock, popo e heavy de todos os tempos.
O sábado as propostas son varias. No campo da feira ás 21:00 horas actuará Broken Peach, unha banda de Rock & Soul para todos os públicos. Xa as 22:30 horas subirase ao escenario o espectáculo Mitic, unha actuación onde a gaita é a protagonista, un instrumento tradicional que neste espectáculo explora novos límites, dende versións de Queen ata música clásica pasando pro composición de Ennio Morricone ou o pop dos Beatles.
En Chapela serán dúas agrupacións locais as que actúan na Alameda Rosalía de Castro a partir das 20.30 horas: Chaleco Reflectante, banda de punk/rock alternativo e os Zebulones Eléctricos, este último cun repertorio de versión de temas de The Beattles.
E pecha a fin de semana o concerto Re-encontro: despois de case dous anos poderemos gozar novamente dun concerto da Rondalla que ofrecerán unha actuación moi especial xa que estarán acompañados no escenario pola banda de Música de Redondela para renderlle unha emotiva homenaxe a Jesús Martínez, director da formación. A continuación, a Rondalla continuará o concerto en solitario. Será o vindeiro domingo 29 de Agosto ás 20:00 horas no Campo da Feira.