O balonmán galego homenaxeará ao técnico vigués e adestrador do BM Chapela, falecido esta mesma semana despois dunha longa enfermidade. Será no Pavillón do Gatañal onde se celebra esta fin de semana as fases finais da Copa Galicia e Supercopa Galicia. Antes do inicio de todos os partidos gardarase un minuto de silencio e todos os participantes levarán un brazalete negro, en sinal de respecto ao adestrador galego.
O venres pola tarde celebraranse as semifinais da Copa Galicia masculina. O partido Forbe Reconquista de Vigo -Magope Seis do Nadal Coia comezará as 19:00 horas e a continuación disputarase o Granitos Ibéricos Carballal-Automanía Luceros.
O sábado pola mañá será o momento da Copa Galicia feminina, cos encontró entre Rubensa Bm. Porriño-CDeC Lavadores e as 13:00 horas o partido entre o Bm. Samertolameu-SAR Rodavigo
mentres que pola tarde disputaranse as semifinais da Supercopa masculina
O domingo terán lugar todas as finais.