Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As ANPAS buscan retomar a normalidade

anpa

O retorno as aulas neste curso seguirá sendo un retorno complicado, pero menos que no 2020 cando eran moitas as incógnitas e os temores de en que medida ían funcionar os protocolos antiCovid. Neste ano e coa experiencia pasada, as ANPAs buscan retomar unha certa normalidade. Logo da posta en marcha de comedores e aulas matinais no pasado curso son moitos as que apostan por organizar tamén actividades extraescolares, un recurso extras para mellora a conciliación da vida laboral e familiar.

Luis Andrés Táboas, Anpa Reboreda

É o caso da ANPA do Colexio de Reboreda. Están xa a traballar na organización dunha ampla oferta de clases. En xeral, apostan por repetir as actividades deportivas de edicións anteriores (patinaxe, balonmán, futbol sala…) e, a maiores, contratarán unha empresa que se encargará de actividades máis pechadas como oratoria, xadrez, inglés lúdico. O obxectivo primordial é garantir a seguridade, polo que se contratará unha única empresa que garanta todo os protocolos de seguridade necesarios.

Actividades extraescolares

Un centro o de Reboreda que non acusa a problemática que si se ten constatado noutros colexios do concello coa baixada no número de matriculados en tres anos, como en Cedeira ou Redondela. Neste caso mantéñense estables coa chegada de 19 nenos e nenas que entrarán no centros mañá mesmo, o que permite garantir que se manterán as aulas actuais.

Matrícula estable
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará