Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Artistas de rúa e comercio alíanse nos Shopping Days

Shopping days

Un total de 42 comercios de Redondela e Chapela participan na fin de semana dos días 24 e 25 de setembro en dúas xornadas de ofertas e descontos, Unha cita que terá o seu centro neurálxico na rúa Ribeira, onde se instalarán diferentes postos de venta, e nos propios establecementos que sacarán a súa mercancía á rúa. Unha iniciativa comercial da Asociación de Empresarios animada dende a Concellería de Cultura cunha programación itinerante enmarcada no Festival de Artistas de Rúa.

O Concello salienta a importancia de recuperar este Festival que, malia as restricións pola Covid, permite contar con espectáculos itinerantes que animarán o centro da vila. Explicaba a alcladesa Digna Rivas na presentación do evento que “unha das primeiras medidas da Concellería de Cultura foi retomar esta cita festiva que chega a súa XXII edición, coordinándonos coa Asociación de empresarios para animar así os Shopping Days”.

Digna Rivas, alcaldesa

Espectáculos itinerantes de compañías galegas e asturianas: Os Velocíclopes, Latexo Percusión, o circo Krasnobarak, Ulterior A Viaxe e Pachamama, son as cinco propostas que se poderán ver en diferentes escenarios nas tardes do venres e sábado da vindeira semana. “Propostas divertidas orientadas a todos os públicos”.

Espectáculos itinerantes

Unha programación que complementa a proposta do comercio local, os Shopping Days: “unha mestura entre a feira de oportunidades e as shopping nights, un evento de dinamización comercial que conxuga unha zona de feira con dez postos que estarán instalados na Rúa Ribeira e a exposición que os propios establecementos sacarán ao exterior”.  Produtos “fin de temporada” que o consumidor poderá adquirir a un prezo moi económico. Explicaba Julia Alonso, dende a Asociación de empresarios que “as fortes rebaixas dos produtos outlet combinaranse tamén con descontos en produtos de tempada que acaban de chegar ás tendas”.

Julia Alonso, Asociación de empresarios

Unha iniciativa á que se sumaron un total de 42 comercios de todo o concellos onde atoparemos todo tipo de produtos: moda, agasallos, calzado, xoiería, mobles, alimentación e mesmo vehículos de ocasión.

Tendas de todo tipo
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará