As labores que se desenvolven no Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras, continuarán a partir do luns no Fondón e Maceiras na parroquia de Chapela. Dende o Concello salientan a importancia desta actuación de cara a diminuir o risco de riadas e inundacións.
O Concelleiro de medio Ambiente, Alberto Álvarez salientou que os traballos, dado que se realizan a través dunha empresa especializada nestas labores, “efectúan a limpeza cun estrito cumprimento de todas as normas de coidado medioambiental tanto da flora como da fauna”.
Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas, lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos “responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia”.
En todo caso, a rexedora redondelá lembrou que, tal e como está demostrado, “a limpeza das beiras e canles diminúe o risco de riadas e inundacións”. “O certo é que en inverno estanse a producir episodios de choivas cada vez máis torrenciais e é complicado impedir as riadas, pero unha axeitada limpeza dos ríos reduce moito os danos causados polas mesmas”.
Unha resposta
Particularmente eu faría un dragado do río Pesegueiro desde a Ponte de Esteiro ata a súa desembocadura. Con respecto ao Alvedosa dragaría a zona da curva da Portela frente á rambla próxima á depuradora e no entorno da Casa da Torre e Xulgados. Do mesmo éxito, ao río Maceiras non lle iría mal tamén un suave dragado.