O Concello recupera o programa de roteiros por diferentes enclaves da nosa contorna co obxecto de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela. Guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, os participantes nesta primeira andaina, o domingo 26 de setembro, coñecerán os diferentes enclaves arqueolóxicos situados no Monte da Penide/Mirallo. A inscrición é gratuíta e debe realizarse no teléfono 600 381782.
Unha visita na que os participantes poderán coñecer o xacemento de Monte Penide, onde se atopa unha das maiores concentración de enterramentos tumulares de España, un xacementos arqueolóxicos representativos de 4.000 anos de prehistoria.
As seguintes cita serán nocturnas e están previstas para a noite do sábado 30 de outubro e 27 de novembro.
A visita aos Petróglifos da Pedreira en Ventosela, permitirá achegarnos aos montes desta parroquia onde se atopan numerosos gravados rupestres. O feito de que a visita se realice en horario nocturno permitirá contemplar os petróglifos dun xeito diferente empregando lanternas que permitirá observalos mellor que durante o día.
Do mesmo xeito na noite do 27 de novembro a visita será aos petróglifos de monte Penide, concretamente aos que se atopan en Chan da Cruz e Coto do Corno.