Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia de Arealonga acollerá unha gran limpeza dos fondos mariños este sábado

limpeza

O Club de Submarinismo Debaixo2mares e a Asociación de Salvamento de Galicia, participan este sábado da xornada internacional de limpeza de fondos mariños e praias. Unha acción a nivel mundial que tamén se traslada ao litoral redondelán con esta proposta que se vai desenvolver o sábado 25 de setembro ás 09:30 na praia de Arealonga en Chapela.

Luis Sevilla

Unha actuación que busca concienciar sobre a existencia de lixo nos fondos mariños e dos perigos que isto supón para a fauna mariña e para nós mesmos. Plásticos, redes perdidas, pilas, baterías… todos tipo de restos cos que se atopan día a día as persoa que practican o mergullo ao que hai que engadir, como explica Luis Sevilla dende o Club de Submarinismo, vertidos aínda máis contaminantes e máis difíciles de erradicar como os procedentes de factorías e empresas.

Nos fondos mariños atópanse todo tipo de vertidos

Os voluntarios que queiran participan poden inscribirse no teléfono 696 261 790. Faranse dous grupos, un formado por mergulladores que buscarán e retirarán lixo do fondo mariño e outro que se centrará en recoller o lixo que está esparexido pola area. Todo ese material será clasificado e cuantificado.

Precísanse voluntarios

Para coordinar esta acción de limpeza instalarase unha carpa na praia na que se desenvolverán diferentes actividades: charlas das mariscadoras que traballan na zona e outra charla na que se informará sobre os efectos que teñen na sociedade estes residuos que acaban nos ríos e praias.

Nesta xornada colaboran colectivos e empresas como: Libera, Rede de Vixiantes Mariños, Oceanidas,Vertidos Cero, AEBAM, CEMMAR e Pescanova, e o Concello de Redondela súmase á colaboración para que se poida realizar esta interesante iniciativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará