O Concello de Redondela anuncia que traslada as actividades previstas para a vindeira fin de semana, manténdose unicamente o espectáculo da compañía burgalesa Titiritantes con “Ulterior, a viaxe” que terá lugar o sábado ás 18:00 horas
As malas previsións meteorolóxicas para o venres 24 e sábado 25 obrigan ao Concello e a Asociación de Comerciantes de Redondela a aprazar a cita para os vindeiros 1 e 2 de outubro. Para esta fin de semana, tal e como explica a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, “tan só se mantén o espectáculo da compañía Tiritantes, chegada de Burgos co seu espectáculo Ulterior, a viaxe o sábado 24 ás 18 horas
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que, coas malas condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, tanto o Festival de Artistas de Rúa coma o Shopping Days, “quedarían totalmente desvirtuados ao ser eventos para vivir nas rúas, cousa que a choiva faría pouco menos que imposible”.