Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recollida de sinaturas contra a tarifa eléctrica

bng luz

O BNG convoca á veciñanza nos accesos do Centro Cultural de Ventosela, o venres 24 de 19 a 20h co obxecto de coller o maior número de sinaturas contra “o expolio ao que as industrias de produción e distribución enerxética están sometendo á veciñanza e ás pequenas e medianas empresas”. Insta ao concello a que poña en marcha iniciativas de presión e mobilización social para pararlle os pés ás eléctricas.

Entre as medidas que dende o BNG formulan recóllese a redución do 21 ao 4 por cen do IVE, “por tratarse a enerxía dun ben básico, ao que toda a poboación debe ter dereito”. A campaña contempla a creación dunha tarifa eléctrica galega, e dunha empresa pública galega de enerxía, ademais de garantir a subministración ao conxunto da poboación.

O aumento do recibo da luz explican “é expoñencial ao aumento dos beneficios das grandes corporacións vinculadas á enerxía” e  critican “a inacción do goberno central de PSOE-Unidas Podemos por permitirlles que campen as súas anchas”.

Pola súa parte o voceiro municipal, Xoán Carlos González cuestionou a pertinencia que o Concello colaborara nunha xornada de explicación do recibo da luz, dando por boas as subas constantes. “O que debería facer un goberno que se considera de progreso é poñer en marcha iniciativas de presión e mobilizacións sociais para pararlle os pés ás industrias enerxéticas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará